Lugo, 19 de agosto de 2014.- A Deputación ofrece formación gratuíta a 60 emprendedores para a posta en marcha dos seus negocios nos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Faino a través do II Campus de Emprendemento Sostible, o programa que aposta pola cultura emprendedora como saída laboral e que crea emprego no rural, combatendo o despoboamento demográfico. Froito da primeira edición, puxéronse en marcha en distintos Concellos da provincia as primeiras 7 empresas.
Aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.gal e no 982-22-78-12 para os 3 novos obradoiros gratuítos desta programación, con 20 prazas cada un. Baixo o nome “Campus de maduración da idea empresarial”, están dirixidos a persoas que teñan avanzada a súa idea de negocio. Inclúen formación e visitas a empresas consolidadas. Traballarase a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dos seus proxectos. Finalizado este proceso, haberá titorías nas que se prestará asesoramento personalizado para continuar o traballo iniciado e poñer en marcha as ideas emprendedoras.
As datas, horarios e lugares de celebración destes 3 novos obradoiros son as seguintes:
Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 horas a 20:00 horas.
Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
Centro de Interpretación Terras do Miño: 22-25 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
35 novos emprendedores
O organismo provincial xa celebrou outros 3 obradoiros gratuítos co II Campus de Emprendemento Sostible. Foron os denominados “Motivación e xeración de ideas”, dirixidos a persoas que queren emprender e non saben como facelo. Foron 35 os participantes nestas accións formativas, que tiveron lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño da capital luguesa e no Concello de Cervantes, e que incluíron visitas a empresas consolidadas. Estes 35 novos emprendedores están agora a recibir asesoramento personalizado para a posta en marcha dos seus negocios.
Primeiras 7 empresas
O Campus de Emprendemento Sostible é a programación da Deputación que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora. Deste plan resultaron, polo de agora, 7 novas empresas, que abriron as súas portas en distintos Concellos da provincia logo da celebración da súa primeira edición o ano pasado. Os seus sectores son os seguintes: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagroturismo e produción artesanal. Hai en marcha dende unha granxa de abellas, unha cantina e ata unha zoqueira. No I Campus, houbo 4 obradoiros en Terras do Miño e nos Ancares, nos que participaron 48 persoas. Na súa maioría, foron mozos de entre 26 e 35 anos, con estudos universitarios.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



