O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e o concelleiro José Casas, mantiveron este sábado un encontro cos representantes da Federación francesa de Fútbol Sala, que estes días visitan a vila. “Están aquí co obxectivo de coñecer a organización dun club de fútbol sala, as relacións institucionais, o arraigo que ten entre a poboación, etc”, dixo González Barcia. O rexedor engadiu que “o fútbol sala en Francia está en fase de desenvolvemento”. A xuntanza tivo lugar tras o acto de clausura do campus de ximnasia rítmica da Fundación INDECUM, que estes días se celebrou en Burela.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



