Mondoñedo (Lugo), 4 de agosto de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva a Mondoñedo, durante todo o mes de agosto, a mostra itinerante ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia difunde a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2014. A traxectoria vital e profesional do poeta e tradutor de Guitiriz centran a exposición, que foi inaugurada esta mañá no Real Seminario Santa Catalina polos secretarios xerais de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García.
A mostra, comisariada por Alfonso Blanco Torrado, por Luís González Tosar e por Armando Requeixo, que tamén participaron no acto de inauguración en Mondoñedo, permítelle ao público achegarse á figura de Xosé María Díaz Castro por medio de 14 paneis temáticos que fan un percorrido pola vida e pola obra do poeta. O proxecto expositivo compleméntase coa proxección do documental ‘O instante eterno’, de Xosé Antón Cascudo, que afonda na figura do escritor de Guitiriz co obxectivo de dar a coñecer a súa traxectoria vital e literaria, e compleméntase con folletos ilustrativos nos que se reflicte o contido da mostra.
Percorrido por toda Galicia
Logo do seu paso por Guitiriz, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Estrada, Redondela e Vilagarcía de Arousa, a mostra pódese visitar ata final do mes de agosto na aula Losada Quiroga do Real Seminario de Mondoñedo.
No seu percorrido polas catro provincias galegas ao longo deste ano, que comezou en Guitiriz, terra natal do poeta, o pasado 19 de febreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento, a exposición chegará en setembro á Coruña, con parada na Biblioteca Miguel González Garcés, do 2 ao 16; e a Lugo, onde se poderá ver na biblioteca nodal do 18 ao 30. Xa en outubro, a mostra poderase ver en Ourense na Casa da Xuventude, do 2 ao 16, e en novembro, na Casa da Cultura da Rúa, do 18 ao 3. A mostra rematará a súa andaina no derradeiro mes do ano no concello ourensán de Celanova, do 16 ao 30 de decembro, logo de facer parada no concello coruñés de Cee do 1 ao 14.
Con motivo da celebración das Letras Galegas 2014, a Xunta de Galicia promoveu un completo programa de actividades para contribuír a dar a coñecer entre a cidadanía a figura e a obra de Díaz Castro, así como para poñer en valor o seu legado literario. A exposición ‘Nimbos de luz’ é unha das iniciativas centrais desta programación, no que tamén se inclúen distintas edicións conmemorativas, estudos críticos, traducións e versións bilingües ao éuscaro, inglés e ruso, materiais audiovisuais, unha web monográfica, así como actividades de dinamización lingüística nos centros educativos e de promoción e difusión da obra de Díaz Castro nas bibliotecas de Galicia.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



