Ribadeo, 8 de agosto de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo valorou moi positivamente a acollida que tivo a Noite Flúor, celebrada onte na vila. Dende Acisa móstranse moi contentos tanto coa participación de veciños e visitantes nas actividades que se levaron a cabo nas rúas, coma no uso que estes fixeron do comercio local. A asociación quixo agradecer a súa colaboración aos 40 establecementos que participaron nesta terceira edición do Ribadeo Aberto, así coma a todos os clientes que a fixeron posible e ao grupo Zúmballe Batukada por poñer a nota musical á xornada.
Dende Acisa afirmaron que “as expectativas eran boas para esta terceira edición do Ribadeo Aberto e cumpríronse” e recordan que “veciños e visitantes puideron gozar desta Noite Flúor grazas ao traballo dos corenta establecementos que abriron as súas portas ata as doce da noite de onte”. Tamén agradeceron a participación a tódolos clientes que acudiron aos comercios locais para facer as súas compras e aproveitaron os descontos e as promocións realizadas, ademais de seren agasallados con música, con tapas ou con cócteles nalgúns deles. Por outra banda, Acisa tamén mostrou o seu agradecemento ao grupo musical Zúmballe Batukada “por animar as rúas ribadenses dende as 9 ata as 12 da noite nesta ocasión especial”.
Acisa adiantou a súa intención de continuar levando a cabo nos vindeiros anos novas edicións deste Ribadeo Aberto.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



