Foz, 4 de agosto de 2014. A praia da Rapadoira, en Foz, acollerá o día 13 deste mes un toneo de volei praia organizado pola área de Deportes da Deputación en colaboración co Clube Voleibol Emevé. O vicepresidente da Deputación e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, visitou esta tarde as dúas pistas de xogo instaladas no areal focense, onde nesta primeira quincena de agosto xogadoras e monitoras do Emevé ensinarán a xogar ao volei praia a todas as persoas que se achegen por estas canchas.
A praia da Rapadoira acolle por terceiro ano esta actividade de volei praia que tivo grande éxito nas edicións anteriores. O pasado ano unas 150 persoas de todas as idades aprenderon a xogar ao volei praia grazas aos consellos das xogadoras do Emevé. As xogadoras e entrenadoras María Pena e Pino Chao son as encargadas de impartir as clases na edición deste ano. As pistas están operativas todos os días, agás que faga mal tempo, en horario de mañán e de tarde (de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas).
Tanto para asistir ás clases como para participar no campionato do día 13 só é preciso achegarse aos dous campos de xogo habilitados e apuntarse de xeito gratuíto. O volei praia é un deporte olímpico que está gañando adeptos e practicantes nos últimos anos e no que se xoga en equipos de dúas persoas.
Alternativa de ocio e fomento da práctica deportiva
Esta iniciativa forma parte do programa de actividades lúdicas de verán que se desenvolven en distintos puntos da provincia de Lugo organizadas pola Vicepresidencia da Deputación participan persoas de todas as idades de xeito totalmente gratuíto, co que se busca fomenrar da práctica do deporte e do exercicio físico entre a poboación lucense.
Na súa visita esta tarde ás canchas ubicadas na Rapadoira, Antonio Veiga apostou pola realización deste tipo de actividades na época estival “xa que supoñen unha alternativa de ocio para persoas de todas as idades e, ao mesmo tempo, introdúceos de xeito ameno na práctica deportiva para levar un estilo de vida saudábel”.
Ao mesmo tempo, esta iniciativa, realizada en colaboración co Clube Voleibol Emevé de Lugo busca “promocionar deportes minoritarios” como poden ser o voleibol e estender a súa práctica a lugares como a comarca da Mariña, onde non existe ningún clube ou equipo adicado a este deporte. “Noutras zonas da provincia, como Lugo ou Monforte existen clubes de voleibol importantes, pero na Mariña é un deporte bastante descoñecido”, afirmou Veiga.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
