Ribadeo, 8 de agosto de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e ABANCA asinaron este venres unha adenda ao convenio subscrito no seu día con condicións vantaxosas para os seus asociados. No acto participaron o xefe de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro, e o presidente de Acisa, Roberto Ramos.
Teijeiro declarou que “o acordo dá continuidade ao xa asinado no seu día para apoiar desde ABANCA a actividade dos integrantes da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Mediante este acordo poñemos á súa disposición condiciones especiais nos servizos bancarios correspondentes á súa actividade”. E engadiu: “o acordo ofrece aos comerciantes tarifas especiais no uso de TPVs (terminal punto de venda) para pago con tarxeta. Ademais, os establecementos con TPV de ABANCA poderán ofrecer aos seus clientes facilidades de pago, financiamento sen intereses e outras vantaxes na realización das súas compras”.
Roberto Ramos sinalou que “a nosa política, a de Acisa, traballa para intentar mellorar as condicións con distintos provedores para os nosos asociados. asinamos distintos convenios con diferentes entidades e paréceme estupenda a proposta que nos fixo ABANCA, que mellora as condicións que xa se ofrecían aos nosos asociados. Non podo máis que estar moi contento por iso e moi agradecido. Espero que disto se vexan beneficiados os asociados que estean interesados”.
A firma desta adenda tivo lugar nas instalacións de Acisa, en Ribadeo.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



