Seguindo cos Mércores de Natureza, destinados a mostrar o noso entorno natural e o da Mariña. O mércores 27 de agosto está prevista unha baixada do Sor en kaiaks insumerxibles, de arredor de 2 horas, onde se mostrarán zonas como Ribeiras do Sor, Creximil, a Illa fluvial de S. Martín, ata pasar por debaixo das pontes sobre o Sor, faremos un pequeno baño de descanso na praia do Chamadoiro, cruzaremos a ría e recalaremos no porto do Vicedo. O punto de encontro é o porto do Vicedo ás 18.30 horas desde onde nos subirán en furgonetas da empresa Actividades Estaca ata Ribeiras do Sor para comezar alí o percorrido en Kayak. Máis información: Casa da Cultura O Vicedo (www.casaculturavicedo.blogspot.com) ou no teléfono 982 59 01 95.
Baixada do Sor en kaiaks insumerxibles
Baixada do Sor en kaiaks insumerxibles
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura