A Carreira Popular Concello de Burela celebrarase o domingo 24 de agosto a partir das 12.00 horas baixo a organización do Concello e o Bar-Cervexería Plaza. A distancia establecida é de 7,7 quilómetros de distancia polo paseo marítimo da praia da Marosa e as categorías: absoluto masculino e feminino (18 a 35 anos), veteranos masculino e feminino (máis de 35 anos), de 14 a 18 anos e sub 14. Haberá trofeos ou medallas para o máis novo, o máis veterano e os tres primeiros clasificados de cada categoría. Os interesados poden inscribirse no punto de saída (na praia da Marosa) ata media hora antes do comezo da proba.
Carreira Popular pola Marosa
Carreira Popular pola Marosa
Relacionado
-
Éxito do campus de baloncesto Sublime, que se está a desenvolver estes días en Ribadeo
-
O Espazo Cultural El Liceo, de Navia, acolle este verán dúas destacadas exposicións que ofrecen ao público unha experiencia artística única, baseada na exploración da luz, a escuridade e a materia transformada
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez