Burela, 6 de agosto de 2014. Os concelleiros de Economía e Obras, José Casas, e Manuel Fernández Valle, supervisaron as obras de arranxo da pista descuberta do Ceip Virxe do Carme, que está a realizar o Concello e que supoñen un investimento de máis 22.000 euros.
Segundo explicaron ambos edís “os traballos marchan a bo ritmo e estarán listos para o inicio do vindeiro curso escolar”. E lembraron que “no seu momento detectamos que había deficiencias na pista descuberta do Ceip Virxe do Carme, de feito formábanse charcas en certas zona, a pesar de que o solo é de cemento, e volvíase escorregadiza. Polo tanto decidimos reformar esta pista polideportiva descuberta, que é usada polos nenos como patio de recreo e tamén para actividades deportivas”. E engadiron que “as obras que se realizan fanse para que non haxa charcas e así se facilite aos nenos a práctica deportiva nesta pista”.