Cervo, 19 de agosto de 2014.- O Concello de Cervo e a asociación cultural Airiños de Xunco presentaron hoxe o cartel e o programa de dúas actividades tradicionais coas que se pecharán as festas patronais de Cervo. Trátase do XVIII Mercado Tradicional e a XXXVI Queimada Popular, que terán lugar o sábado día 23 de agosto. Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas, e o tesoureiro, Carlos Sanz.
A mañá arrincará co Mercado Tradicional, a partir das 10 h. na praza do Souto de Cervo e nas rúas próximas. En total, haberá entre 80 e 90 postos de venda procedentes das catro provincias galegas, Asturias e León e que ofrecerán produtos de artesanía, repostería caseira ou de comida (polbo, chicharros, churrasco…). A maioría dos postos son fieis a esta cita e repiten edición tras edición pero os asistentes tamén poderán atopar algúns novos.
En canto á Queimada Popular, terá lugar a partir das 23 h. na praza do Souto. Unha festa de Interese Turístico Galego que comezará cun espectáculo tradicional e que rematará cunha grande queimada para o público. Unha representación na que compiten as forzas do mal, encarnadas en bruxas, demos e outros seres do inferno, e as do ben, personificadas nos veciños do pobo.
Un espectáculo que segue ese mesmo fío argumental todos os anos pero que en cada edición cambia a súa posta en escena e os efectos, que teñen moita presenza, dende o fume e o lume ata as luces e as músicas. Nesta ocasión o espectáculo estará baixo a dirección de Eva Martínez Baltar e incluirá certas novidades que se desvelarán ao longo da representación.
A edil de Cultura destacou que estes dous eventos “tienen una larga tradición en Cervo pero su éxito va en aumento cada año”. Alonso defendeu a colaboración do Concello con estas dúas citas como unha forma de “apoyar nuestra historia, nuestras costumbres y mantener vivas nuestras fiestas” e, ao mesmo tempo, “de atraer visitantes y turistas en la época veraniega, llenando de actividad las calles de Cervo”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



