A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada polo Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, supervisou este luns as actuacións que Deputación e Concello están a realizar na estrada LU-P-2610. Os traballos consisten na aplicación de aglomerado en quente, así como a limpeza de cunetas e instalación de sinalización horizontal e vertical, e contan cun orzamento total de preto de 300.000 euros, que aportarán ambas administracións ó 50%. Os traballos rematarán, previsiblemente, a vindeira semana.
Estas tarefas de acondicionamento son froito do acordo adoptado pola institución provincial e o Concello mariñán, co que ambas administracións comprométense a colaborar a partes iguais no acondicionamento da totalidade desta vía. Deste xeito, a Deputación mellorará as condicións dun tramo duns 2,3 quilómetros e o Concello farase cargo do acondicionamento doutros tantos, o que permitirá rematar os traballos de mellora de toda a estrada neste mesmo ano.
Polo momento, o Concello de Xove foi o único que se comprometeu a traballar de xeito conxunto coa Deputación, algo que a Vicepresidenta Segunda quixo agradecer na figura do seu rexedor, ó tempo que salientou que “a Deputación continúa estando aberta a colaborar de xeito directo con todos os Concellos lucenses, permitindo así duplicar a inversión na provincia”. Méndez destacou que “desexamos que este acordo sexa exemplo de colaboración entre entidades para procurar o benestar dos veciños da provincia, que é, en definitiva, o noso obxectivo final”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



