Os equipos de futbol Infantil e Cadete que competirán esta tempada baixo as siglas das E.D. Lourenzá Mondoñedo en Liga Provincial foron presentados este xoves 7 de agosto xunto aos que serán os seus adestradores.
Michael Sante adestrará ao equipo de fútbol infantil, mentres que Brenan Rivas se fará cargo do equipo cadete que causa alta na liga despois de varias campañas nos que na categoría cadete só competían en fútbol sala.
No acto de presentación e como mostra da unión existente, estiveron o presidente das E.D. Lourenzá Pablo Maseda, así como o presidente do Mondoñedo C.F., Manuel Barreira.
Ambos equipos debutan xa esta fin de semana en sendos amigables diante do Viveiro C.F. Os cadetes xogarán o sábado 9 de agosto ás 11.30 horas, mentres que os infantís xogarán ás 19.00 horas en Santa Cruz.