A V Ruta nocturna organizada polos Sendeiros de Foz rexistrou unha altísima participacion,xa que rondou os 250 camiñantes que partiron do edificio do Cenima percorrendo 7 quilómetros pola zona de Malates, a Granda e rematando na Praza Conde de Fontao onde se degustou, arredor das doce da noite, unha chocolatada con biscoitos. A directiva agradece a colaboración e o bo comportamento. Así mesmo, agardan que “no 2015 sexamos moitos máis”.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



