Díse que unha imaxe vale máis que mil palabras (admírese a mostra gráfica). Pois se quedaba algunha dúbida, queda demostrado que ó Presidente e Portavoz do PP en O Valadouro, Sr. Lamela, as notas de prensa, comunicados e os panfletos que reparte polo Concello, escríbenllos e mándanllos dende Lugo.
Nese afán obsesivo de criticar por criticar, instalados no “todo vale”, esquécense do primordial á hora de facer unha crítica: contrastar a súa veracidade. Nese sentido, continúa Edmundo Maseda, alcalde do Concello do Valadouro, “Contrastemos pues”:
1.- A obra criticada foi solicitada en primeira fase o 27 de abril de 2012.
2.- Esta segunda fase solicitouse o 15 de maio de 2013, en ámbolos dous casos antes de ser eu Alcalde.
3.- A comunidade veciñal fórmana: a miña señora (por qué non…. Non temos nada que ocultar. Ela é autonoma, paga os seus impostos relixosamente cada 3 meses a Facenda, e cada 6 meses ó Consello Regulador (que realiza a lo menos 1 inspección cada ano), é dicir, aquí non hai contabilidade B coma outros. Polo tanto, ten dereito coma calquer cidadán a solicitar axudas a calquer organismo público, máis aínda coma é o caso, antes de ser eu Alcalde.
Os outros dous membros da comunidade veciñal son: o irmán e a cuñada dunha concelleira do PP, e ademais posibles consogros doutra concelleira do PP, é dicir, familiares de dúas concelleiras do PP, que teñen fincas e instalacións gandeiras, en dita pista, antes das mencionadas da miña señora.
4.- A conta bancaria mencionada foi aberta expresamente para ese fin, polos tres membros da comunidade, e é unha conta conxunta. O pago da obra fíxose coa firma dos tres, así coma a posterior clausura da mesma.
Precisamente, esa familia, moi querida por nós, (somos veciños porta con porta, criámonos xuntos e axudámonos en todo o que fai falla, antes, agora e sempre a pesar de que cada un defende as súas lexítimas ideas políticas -pero para min as persoas están por encima de todo-) foron as perxudicadas pola discriminación política a que nos someteron os dous anteriores Alcaldes. A min e á miña familia, que non arreglaron a única pista que quedaba por facer na parroquia de Moucide, pola que circulan todolos días, turismos e furgonetas. Nin sequera a rozaban; a desbrozadora do Concello chegaba ó cruce e daba volta. Asó o longo dos últimos 15 anos. Como poden dicir estes “deshacedores de entuertos” (calificativo de D. Miguel de Cervantes a os seus personaxes D. Quijote e Sancho Panza (falta Dulcinea del Toboso, que é a que saca tallada a conta dos outros dous pazgüatos) que a susodita obra beneficia ós intereses do Alcalde e súa familia?
Estes son os que se postulan para gobernar Valadouro, a Deputación, e non sei que máis? “DIOS NOS COLLA CONFESADOS, diría miña avoa”.
Pola miña parte, se estas mentiras, artimañas e retorcidas e barriobaixeiras maneiras, son o que hai que facer para gañar unhas eleccións, eu non quero gañalas, ASI NON. !ue gañe o PP a ver se nos vamos “al carajo” dunha vez (que pouco faltará xa) e o pobo abre os ollos. Se cadra e a única maneira de poder empezar de novo e construír unha sociedade onde non teñan cabida estes “elementos”.
Mentres que siga sendo Alcalde, seguirdi traballando polos veciños, sexa cal sexa a súa ideoloxía política. Así o prometín e así o farei.
DIGO EU
Edmundo Maseda Maseda.- Labrego e Alcalde de O Valadouro.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



