Burela, 8 de agosto de 2014. O Concello de Burela comezou a dar pasos para poñer en marcha a administración electrónica, segundo manifestou o alcalde, José María González Barcia, quen engadiu que “a principios de 2015 confiamos en que estea en gran parte operativa”.
González Barcia dixo que “a partires do un de xaneiro do vindeiro ano, coa entrada en vigor da Lei de Transparencia, temos que cumprir unha serie de parámetros que nestes momentos non cumprimos. Cumprilos pasa por poñer en marcha a administración electrónica, e polo tanto estamos comezando o procedemento administrativo para elo”.
O alcalde manifestou que “as administracións, tamén os Concellos, temos que ser máis eficientes e tentar reducir o gasto en materia administrativa, ademais de ser máis transparentes. Temos que buscar maior axilidade na tramitación dos expedientes, con seguimento electrónico dos mesmos; temos que buscar que os administrados poidan presentar documentos vía electrónica sen ter que vir necesariamente ó Concello; hai que facilitarlle ao cidadán que poida coñecer en tempo real cal é o estado de tramitación do seu expediente; hai que implantar a posibilidade de presentar as facturas electronicamente, etc, de forma e maneira que ganemos en eficacia e eficiencia”.
Barcia indicou que “nas últimas semanas contemplamos distintos escenarios, coñecemos algunha experiencia, e á vista da información da que dispoñemos decidímonos a dar un paso adiante, máxime visto que o Innóvate da Deputación non se da posto en marcha desde que se empezou a falar del, en 2009, xa que de feito está totalmente paralizado”.
Igualmente, indicou que “imos con retraso neste campo, e somos conscientes; outros Concellos, no seu momento, ‘pasaron’ da Deputación e agora téñena funcionando a moi baixo custo; os que optamos por agardar pola Deputación, ao final temos que optar pola autoxestión da implantación da administración electrónica, que, evidentemente, abre unhas portas enormes cara ó futuro”.
González Barcia aclarou que “a súa posta en funcionamento será paulatina; Concellos que levan tempo, máis dunha década, aplicando esta ferramenta, non a teñen aínda aplicada de todo, non teñen esgotadas todas as posibilidades desta ferramenta, polo que nos guiaremos polos criterios que marca a propia lexislación e os que nos indiquen os técnicos competentes”.
Finalmente, Barcia asegurou que “o que fixo a Deputación foi un engana bobos: dixitalizar o rexistro municipal e para de contar; a Deputación adxudicou o Innóvate, que custou na súa totalidade nove millóns de euros e que xerou polémica, e resulta que os Concellos que, coma Burela, se sumaron ao proxecto, a día de hoxe, e logo de reiteradas consultas e peticións á Deputación, non viron que se fixera nada máis ao respecto. Iso si, fixeron unha web sobre o noso Concello que está sen actualizar desde marzo de 2010. O Concello de Burela acolleuse ó Innóvate, traballou e se implicou, pero os resultados son nulos. Se a Deputación distribuíse os nove millóns de euros do Innóvate entre os Concellos da provincia, seguro que saía máis barato e xa estábamos todos coa administración electrónica funcionando”.
O alcalde agarda que “esta ferramenta sexa realmente unha canle de comunicación entre administrador e administrado e que axilice trámites”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



