Lourenzá, 14 de agosto de 2014. O BNG de Lourenzá decidiu presentar este xoves durante o pleno da corporación unha moción polo procedemento de urxencia na que esixiu se depuraran todas aquelas responsabilidades políticas existentes na xestión do proxecto denominado como “Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos”. Deste xeito o BNG de Lourenzá esixiu a dimisión dos cargos políticos implicados no proxecto.
Un cúmulo de incongruencias de principio a fin
Na opinión dos nacionalistas laurentinos a polémica que rodea este proxecto xa se remonta á propia adxudicación da redacción do mesmo e á adxudicación da dirección de obra, resolta a favor dunha técnico casualmente filla do concelleiro de obras de Lourenzá á vez que se preguntan como puido ser posíbel que no proceso de selección e adxudicación non tiveran máis peso factores como o prezo, ou sobre todo a experiencia previa neste tipo de obras, pois compre recordar que o Pazo de Tovar está catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural).
Despois de seren xa rexeitadas polo AGADER as alegacións presentadas por parte do concello, iníciase agora un proceso xudicial que non pode garantir o éxito para o noso concello tendo en conta os artigos do Regulamento da Lei de Subvencións de Galiza (RLSG) que constituen o marco legal de referencia para este caso. Os erros cometidos na xestión, tanto administrativa como técnica do proxecto, xa implican, no mellor dos casos a perda de 6.000 € que o concello irremediablemente terá que asumir con fondos propios, iso sin contar cos gastos que se podan derivar do proceso xudicial aberto.
Segundo o concelleiro e portavoz do BNG local, César Docampo: “Cronolóxicamente resulta imcomprensibel como unha obra que tiña o prazo límite no 30 de xuño do 2013, e do que posteriormente se pediu unha prórroga ate o 31 de xullo do 2013, que foi concedida, poda estar sen concluir na súa totalidade na data do 22 de novembro do 2013, que é cando se realizou a visita final de control de investimento, a cal repercutiu na apertura do expediente de “Declaración da perda do dereito ao cobramento” por parte do AGADER. Resulta ademáis de todo sorprendente que nin a dirección de obra nin o propio promotor da mesma, isto é, o concello de Lourenzá, advertisen por exemplo na falla dos carteis, un aspecto inacabado cando estes figuraban expresa e literalmente no proxecto que nun principio o AGADER decidiu finanzar”.
O BNG esixe que sexan os responsábeis políticos os que asuman economicamente a perda da subvención.
Do mesmo xeito o BNG esixiu que sexan os políticos responsábeis da posíbel perda da subvención os que asuman economicamente a perda total ou parcial desta subvención de 98.000 euros ao quedar suficientemente demostrado que esta se produciu pola deixadez das súas obrigas como cargos electos e asalariados deste concello.
O goberno local tenta amordazar ao BNG convertendo un pleno ordinario en extraordinario para impedir o debate dun asunto do que non queren falar.
Os dirixentes do PP de Lourenzá volveron empregar a súa maioría absoluta para evitar o debate deste asunto, convertendo o que debía ser un pleno ordinario nun extraordinario que imposibilita a presentación de iniciativas á oposición, nesta ocasión para impedir o debate sobre un tema no que teñen graves responsabilidades. Unha vez máis a alcaldesa e o seu grupo gobernan o concello a modo de semi deuses aos que non se lles pode pedir explicación de ningún tipo, e propiciando desta maneira que calquera político de turno empregue o concello e os seus recursos como “cortijo” persoal dos seus desexos caprichosos ou mesmo como escola de luxo para as prácticas dos seus fillos e familiares.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



