O Burela Pescados Rubén comeza a súa posta a punto o martes día 5 de agosto na que será a súa terceira tempada na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, a élite deste deporte. Nesta nova tempada, o Burela FS Pescados Rubén comezará o seu proxecto con: Edu, Alex, Matamoros, Isi, Iago Míguez, Antoñito, Jorge Bellvert, Chano e Carlitos. A eles sumarase a presenza dos canteiráns Renato, Helder, Antón, Erik e Javier Gorroño, xogador de 18 anos procedente da UD Rozas-Boadilla que tamén realizará a pretempada co conxunto galego.
A escadra dirixida por Juanlu Alonso iniciará os adestramentos coa vista posta na primeira xornada ligueira na que Vista Alegre recibe ao actual campión de Liga, Inter Movistar. A cita inaugural da tempada 2014/2015 celébrase o día 13 de setembro aínda que antes a escadra mariñá disputará os seguintes encontros amigables:
Partidos de pretempada
Data: 16 de agosto. Localidade: Ferrol
O Parrulo Ferrol vs CD Burela FS Pescados Rubén
Data: 23 de agosto. Memorial Celso Currás
Localidade: Concello de Trabada
CD Burela FS Pescados Rubén vs Azkar Lugo FS
Data: 27 de agosto. Torneo de Fonsagrada. Triangular
Localidade: Fonsagrada.
Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén, O Parrulo Ferrol (pendente de confirmar), Fonsagrada FS.
Data: 30 e 31 agosto. Torneo Santiago Futsal.
Localidade: Santiago de Compostela
Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén, Santiago Futsal,
Uruguay Tenerife, Palma Futsal.
Data: 3 de setembro. Presentación CD Burela FS
Localidade: Burela
CD Burela FS Pescados Rubén vs Santiago Futsal
Data: 6 de setembro. Localidade: Cangas del Narcea. (Asturias)
CD Burela Pescados Rubén vs Magna Navarra























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
