O Burela Pescados Rubén oficializou as fichaxes de Gabriela Vila Real Macedo e Tainã dos Santos nun acto de presentación que tivo lugar no Centro Dietético e de Nutrición Alba Vila, empresa patrocinadora do club. Ambas chegan ao Burela Pescados Rubén procedentes do Aurora de San Petersburgo (Rusia) onde se proclamaron campioas de Liga a tempada anterior.
As xogadoras brasileiras pousaron coa elástica laranxa acompañadas por Manuel Blanco, presidente, e Alba Vila, directiva responsable do equipo feminino que celebra a incorporación de “ambas xogadoras xa que son deportistas contrastadas, teñen calidade e experiencia. Serán un gran reforzo para o equipo para poder competir con garantías”. Pola súa banda, o presidente indicou que “son xogadoras que nos van aportar moito e permitirán ao equipo unha maior rotación. Estamos convencidos que se adaptarán perfectamente á dinámica do equipo e que nos darán moitas alegrías”.
Gabriela Vila Real Macedo, coñecida deportivamente como “Gaby”, ten 27 anos e xoga como á-peche aínda que ten moita chegada como demostrou no amistoso disputado ante o Viaxes Amarelle no que logrou un hat-trick e deu mostras da súa calidade. Gaby é unha xogadora contrastada e de garantías, internacional con Brasil; coa selección absoluta xa gañou 3 mundiais (2010, 2011, 2012) e coa universitaria os de 2010 e 2012. Respecto da súa fichaxe pola escadra mariñá declarou que “é un gran desafío xogar neste equipo. Veño con moitas ganas de axudar ao equipo para competir polos títulos e que a reconquista fágase realidade”. Na mesma liña mostrouse Tainã dos Santos que engadiu que a súa integración ao equipo “está sendo moi positiva. A xente estanos dando moitos ánimos, estámosnos adaptando perfectamente a Burela que é un lugar pequeno pero moi acogedor”.
Tainã ten 24 anos e xoga como á-pivot, e do mesmo xeito que Gaby, chega con mentalidade gañadora. “En Rusia proclamámosnos campioas de Liga e vimos ao Burela Pescados Rubén coa mesma motivación. Queremos axudar ao equipo a conseguir a reconquista”.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
