O Casino de Viveiro inaugura o venres 22 de agosto, ás 20.30 horas, a mostra plástica coas obras de Félix Díaz. Nacido en Lugo en 1955, o artista di: “Pintar é unha necesidade vital de expresarme ante a beleza que contemplo. Os meus temas son sencillos… aínda que non simples: A Terra… La Mar. A nosa Terra, a terra seca, a terra adentro, a terra firme que tanto se bota de menos cando se está embarcado; e o Mar, lugar de infinitos camiños cara a outras beiras, que tanto se bota de menos cando se está lonxe dela”. A exposición permanecerá aberta ata o xoves 4 de setembro de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



