Cervo, 6 de agosto de 2014- O Concello de Cervo colabora, ao igual que todos os anos, na organización da festa da Maruxaina que se celebra este sábado, mobilizando a decenas de traballadores municipais, reforzando servizos habituais e destinando recursos públicos. Un apoio no que pon especial atención á seguridade e á limpeza, coordinando dispositivos especiais con medios e persoal municipal.
No caso da limpeza, o Concello prevé reforzar o servizo para manter en bo estado as rúas. Para iso, ampliará o número de traballadores que se dedicarán a estas tarefas nos días posteriores á festa. Ademais realizarán un traballo de limpeza e mantemento continuado dos aseos públicos que se habilitarán durante a festa.
Da mesma maneira, o Concello duplicará o número de aseos dispoñibles con respecto ao ano pasado ata un total de 22, que se distribuirán por diferentes puntos da vila, sempre dentro da zona da festa, como son o paseo do Torno, a praza dos Campos, a Casa da Cultura, os vestiarios da praia de Cubelas e o parque Reina Sofía. Tamén se ampliará o número de contedores, neste caso por todo San Cibrao, para atender as necesidades da poboación que se multiplica notablemente nesa fin de semana.
Neste sentido, o papel de todas as persoas que asisten á festa é moi importante xa que “para que el dispositivo de limpieza sea útil tenemos que colaborar todos, actuando de forma responsable, utilizando y aprovechando los servizos que se ofrecen”, asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
Unhas medias que se suman ao dispositivo de seguridade do que xa informou o Concello, que inclúe a mobilización de efectivos das diferentes forzas e corpos de seguridade, a dotación dun Posto Médico Avanzado ou o lanzamento do castelo pirotécnico dende o dique Anxuela.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



