Santiago, 6 de agosto de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de presentar este mércores en rolda de prensa unha iniciativa, que foi rexistrada no Parlamento de Galicia, pola que se insta ao Goberno galego a asinar un convenio de colaboración co Instituto Social da Mariña (ISM) que permita o intercambio mutuo de información médica e así axilizar os recoñecementos de embarque marítimo.
José Manuel Balseiro, estivo acompañado do tamén deputado autonómico, Vidal Martínez-Sierra, do deputado nacional, Jaime de Olano e dos alcaldes de Burela e O Vicedo, José María González Barcia e Jesús Novo.
Balseiro explicou que o ISM é o organismo encargado de efectuar estes chequeos médicos, que son obrigatorios e que deben efectuarse con carácter previo ao embarque de todos os tripulantes. Ata o de agora, estas probas poderían demorarse durante varios días o que, en ocasións, implicaba a perda de varias xornadas de traballo no mar destes profesionais, co consecuente prexuízo. Ademais a imposibilidade de acceso ao historial médico do SERGAS por parte dos médicos do ISM facía que, moitas veces, fora preciso repetir probas diagnósticas que acaban de facerse, tales como análises sanguíneos, electrocardiogramas e espirometrías, entre outras.
MÚLTIPLES VANTAXES
Segundo salienta Balseiro coa media proposta polo Grupo Popular, acadaríanse múltiples vantaxes, en especial, unha notable axilización do tempo necesario para efectuar estes recoñecementos médicos, ata o punto de que poderán facerse nun so día. Outras melloras virían aparelladas dun máis correcto diagnóstico e avaliación da situación de saúde e da posibilidade de incorporar ao historial médico do SERGAS as probas efectuadas polos facultativos do ISM e viceversa, acadando unha constante actualización da historia clínica e, todo iso, sen custe nin para o usuario, nin para as administracións.
CONFIDENCIALIDADE GARANTIZADA
Desde o Grupo Parlamentario Popular sinalan que este intercambio de información de carácter sanitario, que figura nas bases de datos tanto do SERGAS como do ISM, permitirá obter uns resultados máis eficaces en materia de saúde laboral e unha máis eficiente protección destes traballadores. Balserio quixo deixar claro que esta actividade pode facerse con totais garantías de confidencialidade e coa consecuente observancia das disposicións en materia de protección de datos de carácter persoal e total respecto das instrucións que poidan adoptarse para salvagarda do uso desta información. En Galicia os profesionais do ISM encargados destas tarefas son exclusivamente persoal sanitario (16 médicos)
GALICIA COS PROFESIONAIS DA PESCA
Balseiro concluíu sinalando a importancia que en Galicia ten articular mecanismos de colaboración nun ámbito como o da pesca que agrupa a máis de 38.000 profesionais, homes e mulleres do mar que nunha gran maioría son tripulantes en máis de 4.800 emarbarcacións marítimas e, en consecuencia, directos beneficiarios desta colaboración proposta polo Grupo Popular.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



