Viveiro, 11 de agosto de 2014. Os autores del libro turístico provincial La playa de Las Catedrales y sus entornos, Carmen Cruzado e Beni Mántaras, estarán o vindeiro sábado, 16 de agosto, na Feira do Libro de Viveiro para presentar a súa publicación. Será ás 20.30 horas na caseta número 8 do certame, que ocupará a librería Lector Nobel, de Burela.
O deste sábado en Viveiro será o segundo acto promocional do libro La playa de Las Catedrales y sus entornos, despois da primeira presentación da obra, que tivo lugar o pasado 23 de xullo no Parador de Turismo de Ribadeo.
Beni Mántaras e Carmen Cruzado agradecen á librería Lector Nobel, de Burela, a organización do acto programado para este sábado na Feira do Libro de Viveiro: “desde el primer momento los propietarios de la librería Lector Nobel, de Burela, Patricia y Arturo, mostraron un gran interés por nuestra publicación y se están implicando al máximo en su promoción y comercialización. Lo mismo está ocurriendo con otras muchas librerías y demás establecimientos de la provincia que tienen el libro, lo que está contribuyendo a que el ritmo de ventas sea mayor de lo que esperábamos”.
La playa de Las Catedrales y sus entornos é unha publicación de 160 páxinas que inclúe outras tantas fotografías e textos dedicados ós atractivos turísticos da provincia de Lugo. Polo momento está á venda nunha vintena de librerías e outros establecementos de A Mariña, Lugo e Monforte de Lemos.