O próximo sábado 16 de agosto terá lugar a presentación oficial do Praias de Barreiros C.D. Será a partires das 19:00 horas no Pavillón Municipal de Barreiros.
Presentarase ante o público a xunta directiva do novo club barrreirense, así como o corpo técnico, o equipo de atletismo e o equipo sénior de fútbol sala.
Unha vez rematadas as presentacións, disputarase un partido amigable entre o equipo sénior de fútbol sala e o C.D. Cubelas F.S. Dous conxuntos que competirán na liga provincial masculina na próxima campaña.
Para finalizar a xornada de presentación, o club ten programada unha cea de presentación no “Refugio O Castro” de San Pedro de Benquerencia ás 22:00 horas (o menú constará de: entrantes ibéricos, mexillóns ó vapor, croquetas, pastel de cabracho, carrilleras ibéricas en salsa de uvas pasas, tarta da avoa, bebida, café e chupitos). O prezo da cea para os socios é de 18 euros mentras que para os que non sexan socios do clube será de 20 euros, o prezo para os nenos será de 10€. Os interesados poden mercar as tarxetas no propio Refugio O Castro (Benquerencia), La Bodeguilla (San Miguel de Reinante), Bar A Ribeira (Benquerencia) e os socios poderán adquirir as tarxetas no Pavillón Municipal de Barreiros.
Os interesados en facerse socios antes da presentación e aproveitarse así de todas as vantaxes que ofrecerá o clube, poderán facelo por tan só 15€, poñéndose en contacto con calquer integrante do club ou no propio Pavillón de Barreiros.