Cunha diferenza de dous días hábiles celebramos un pleno extraordinario urxente (23 de xullo) e outro ordinario (29 de xullo). A celebración dun pleno extraordinario sen que o equipo de goberno demostre a súa urxencia indica que lles preocupa moi pouco pasarlles a minuta ós veciños innecesariamente. Neste pleno houbo un só punto na orde do día: cambiar as taxas que se viñan aplicando na Escola de Música.
Este cambio de taxas faise, segundo o señor alcalde para facilitar o aumento de alumnado para o vindeiro curso, e propón un prezo novo para as distintas modalidades de matrícula. Como xa temos explicado, o noso grupo votou en contra por considerar que en realidade, no seu conxunto, as taxas soben o desaparecer as bonificacións e igualar o prezo da matrícula para plans integrais, con maior carga lectiva, e non integrais, con menos carga lectiva. Tamén impoñen unha nova taxa para os alumnos/as que se apunten a grupos (coro, jazz, banda, etc…).
No pleno ordinario volveuse a falar da Escola de Música para modificar parte do regulamento de organización académica e funcionamento interno. A proposta deste cambio parte do claustro de profesores e ven a evidenciar que o regulamento que no seu día aprobou, sen consenso, o equipo de goberno esixe unha revisión profunda para adaptalo o nivel de calidade que estes estudios demandan. O noso grupo fixo a proposta de crear un novo regulamento e con respecto as cambios propostos abstivémonos.
Na orde do día figuraba un punto onde varios sindicatos que representan ós traballadores do Concello solicitaban un recurso de reposición para anular unha decisión do señor alcalde, que consistiu en facer unha modificación puntual da relación de postos de traballo para outorgar a dedo un complemento a un posto de funcionario. O equipo de goberno rexeitou a reposición e o noso grupo votou a favor por entender que a modificación do posto de traballo fíxose sen contar coa opinión da mesa de negociación, desprezarse a igualdade de oportunidades e crearse unha inxustiza o non aplicarse complemento a outros postos que cumprían os mesmos requisitos.
O equipo de goberno trouxo o pleno a aprobación da prorroga do contrato para a empresa que se encarga da xestión de servizos de axuda no fogar. Esta empresa comezou a traballar no Concello pola cesión feita pola emprese que gañou no seu día a licitación. En todo ese proceso de cesión o equipo de goberno cometeu irregularidades o non ter en conta informes negativos dos técnicos nin esixir o cumprimento dos requisitos necesarios para exercer o servizo. O grupo Socialista votou en contra da prorroga por considerar que se debía corrixir as anomalías anteriores e convocar novo concurso.
O Grupo Socialista preguntoulle o alcalde pola tardanza en licitar o Plan Director para a ampliación do Hospital, dado que as mentiras do PP sobre este tema eran un hábito. O señor alcalde amosou non ter nin idea do tema.
Tamén se preguntou pola mala imaxe que da Burela o ter a maioría de parques e xardíns totalmente abandonados, o Barco Museo pechado os fins de semana, a oficina de Turismo sen persoal que a atenda e a onde foron a parar o resto do faro de Burela.
Rexeitaron a Moción que presentamos sobre Acollementos Civís só por capricho infantil. Daba pena escoitar as súas razóns.
Queremos indicar que este equipo de goberno leva tres anos e pico sen facer absolutamente nada novo e positivo para os veciños de Burela. Destacan, iso si, por subir todo tipo de taxas, impostos e prezos públicos e por mirar para outro lado na defensa da sanidade pública, na desintegración do Hospital, na perda da Area Integrada, nos copagos, no aumento de impostos no recibo da auga e do lixo, na perda do xulgado de paz, na perda de autonomía local, na perda de becas e comedores escolares, etc…
Plenos sen contidos para mellorar as condicións sociais, culturais e económicas do conxuntos dos veciños/as de Burela. A necesidade de cambio faise evidente.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



