Foz, 6 de agosto de 2014. O XXVI trofeo de fútbol Vila de Foz, que foi presentado este mércores, enfrontará ao CD Lugo e ao Viveiro CF este sábado, 9 de agosto, no estadio Martínez Otero ás sete e media da tarde. Está organizado polo Concello e o CD Foz e patrocinado por Casa Rural y Restaurante El Rincón de Anita.
O concelleiro de Deportes focense, Ánxel Paleo Soto, explicou que o Vila de Foz “é un trofeo xa consolidado e un dos máis importantes da época estival aquí, na Mariña. Antes chamábase Conde de Fontao e o trofeo que se entregaba era unha carabela de prata, pero o ano pasado cambiamos e agora xa ten uns trofeos para o campión e para o subcampión exclusivos para este torneo e quedarán para sempre. Está organizado polo Club Deportivo Foz e o Concello e patrocinado pola Casa Rural El Rincón de Anita, a quen quero agradecerlle a súa colaboración para facer que o Vila de Foz siga sendo un dos referentes na Mariña no que se refire a trofeos de fútbol de verán”.
Ánxel Paleo tamén comentou que “os prezos das entradas son accesibles a todo o mundo parea que toda a familia poida ir ao partido se quere: a entrada de adultos custa 10 euros, os rapaces e rapazas de 14 a 18 anos pagarán 5 euros e os menores de 14 anos terán entrada gratuíta. Só me queda invitar a todos os veciños e visitantes a que se acerquen a ver o partido de fútbol, porque poden aproveitar a primeira hora da tarde para ir á praia e despois, como non, gozar das festas de San Lourenzo”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
