Ribadeo, 9 de agosto de 2014. Ribadeo será escenario do 27 ó 29 de agosto do III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e do 29 ao 31 da II Mostra e Feira de Vehículos Clásicos. O evento, que está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, foi presentado onte á tarde no hotel O Cabazo de Ribadeo. Ao acto asistiron varias autoridades, así coma o presidente de Apaga, Álvaro Doural, e persoas vinculados co mundo do ensino e do motor.
Na quenda de intervencións Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, amosouse “moi contento de estar aquí e de axudar á Asociación de Profesores de Automoción de Galicia neste evento. Estamos encantados de colaborar con esta idea”. E dixo” “estaba pensando nas horas que pasamos dentro dun vehículo, pero tamén na sensación de liberdade, que foi a primeira sensación que tiven cando saquei o carné de conducir cando tiña 19 anos”.
Lara Méndez, vicepresidenta segunda de Deputación luguesa, lembrou tamén “o primeiro coche que tiven pola independencia e a autonomía que me daba” e felicitou “aos organizadores pola iniciativa de saber conxugar dúas temáticas tan importantes coma son a formación e as novas tecnoloxías. Iso demostra o éxito desta terceira edición, pero cun pasado moi vinculado a este fórum”.
Ramón Leivas, gerente de Ford en Ribadeo, referiuse á presenza desta marca na Mostra e Feira de Vehículos Clásicos e do seu responsable a nivel nacional de produto, Manuel Fernández de Diego: “quero darvos as grazas por convidarnos a participar e deséxovos que todo vaia moi ben”.
Isidro Berdeal, de APAGA, aludiu ao programa do III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos: “o que pretendemos é establecer un punto de reunión entre todos os profesionais do mundo do automóbil vinculados, sobre todo, á parte da docencia en Formación Profesional. Teremos o mesmo esquema de funcionamento, polas mañás haberá charlas e ponencias e polas tardes talleres”.
Pola súa banda, José Ramón Rivero, de APAGA, indicou que “como a xente que asistiu o ano pasado á mostra de coches clásicos pedía algo máis, foi por iso que decidimos facer feira ademais de mostra neste 2014. A maiores de vehículos clásicos tamén se venderán pezas para eses automóbiles. E dentro do programa da II Mostra e Feira de Vehículos Clásicos haberá mesas redondas sobre a restauración de coches clásicos e sobre o pasado e o presente de Ford”.
O encargado de pechar o acto foi o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, que lles deu os parabéns aos organizadores por elixir un ano máis esta vila para a celebración do fórum: “agradecerlle á Deputación o compromiso con este evento, encántanos poder axudarvos da maneira na que o facemos, grazas por contar con Ribadeo e con estas institucións e que vos vaia moi ben”.
A presentación foi conducida por Ramón Roca Maseda, un experto en vehículos clásicos.
Os interesados en participar no III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos poden inscribirse ata o 20 de agosto na páxina web www.apaga.es ou nas instalacións do hotel O Cabazo. A cita está destinada a profesores da familia de transportes e mantemento de vehículos, profesionais do sector do automóbil, alumnos de Formación Profesional, alumnos universitarios e afeccionados ao mundo do motor.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



