A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia –APAGA-, Álvaro Doural, presentaron este venres na vila de Ribadeo o III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos e a II Mostra e Feira de Vehículos Clásicos, que terá lugar entre os días 27 e 31 de agosto nas inmediacións do Hotel O Cabazo.
No acto de presentación, Méndez destacou que “esta iniciativa enmárcase dentro da aposta de Deputación por fomentar as profesións con máis saídas laborais e favorecer a inserción profesional na provincia. Este foro é unha oportunidade económica única para a Mariña e a provincia”. Nesta liña, a Vicepresidenta engadiu que “os cinco días que dura este evento contribúa a dinamizar a economía local, xa que logra reunir moitos interesados no munto do motor procedentes de Galicia e Asturias, que durmen, comen e mercan nos negocios da toda esta zona, e mesmo axudan a crear novos nichos de emprego na provincia, coma o tecnolóxico, piar básico actual na estructura económica e social da provincia”.
O eixo principal do III Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado en Ribadeo pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia –APAGA- coa colaboración da Deputación é coñecer as últimas tecnoloxías que se están a aplicar ós vehículos. O foro reunirá a profesores da familia de Transportes e Mantemento de Vehículos; profesionais do sector do automóbil; alumnos universitarios ou de formación profesional con estudos relacionados co automobilismo e aficionados en xeral, que se darán cita entre o mércores 27 ata o domingo 31 de agosto nas instalacións do Hotel O Cabazo de Ribadeo.
Programa e inscricións
Entre as actividades previstas están charlas de expertos e obradoiros sobre temas como aerografía; sistemas de comunicación no automóbil; manexo do programa informático de edición de vídeo Premier; soldadura; climatización; vehículos de competición; técnicas de primeiros auxilios en talleres de automoción; transformación a gas de motores de gasolina ou adhesivos industriais. O encontro, que ten un marcado carácter didáctico, ten como obxectivo establecer un punto de encontro entre profesorado para intercambiar experiencias, incorporar ós traballadores en activo á actividade formativa e dárlle unha oportunidade ás empresas locais do sector para presentar os seus produtos. A oferta complétase cunha mostra de vehículos clásicos e actuais da marca Ford.
O prazo de inscrición para este foro didáctico, cun custo de 30 euros, está aberto ata o vindeiro 15 de agosto na páxina web de APAGA.
O colectivo APAGA
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, un colectivo creado sen ánimo de lucro hai máis de 15 anos, pretende agrupar a todo o profesorado da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos dos diferentes centros educativos de Galicia e doutras Comunidades Autónomas. A súa finalidade esencial é organizar toda clase de actividades de formacicón e información dos seus afiliados e doutros colectivos, motivo polo cal os asociados organizan este encontro, que consolida a Ribadeo como referente na formación de profesionais no sector da automoción.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



