As monitoras de Gaia organizaron este martes unha ruta botánica pola praia do Portelo “co fin de suscitar o máximo interese posible entre os máis pequenos polo coñecemento e respecto á flora e ao entorno natural”. As monitoras explican que “esta actividade permitiu coñecer a vexetación existente no litoral do Portelo, unha praia que conta con bandeira azul. Aos nen@s falámoslles da importancia ecolóxica da flora que existe nas praias, subliñando que moitas delas son prantas das que se alimentan insectos e outros animais, e que non se deben arrincar nin pisar”. Os participantes nesta actividade realizaron un pequeno acuario botánico empregando area, pedras, algas, auga do mar e debuxando especies de flora e de fauna.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



