Centenar e medio de persoas divididas en 40 equipos participaron no Torneo de Baloncesto 3×3 que se desenvolveu os días 5, 6 e 7 na praza dos Campos e que se incluía nas Noites Alternativas que organiza o Concello e que rematou coa entrega de medallas. Viejas Glorias (na imaxe) fíxose co título na categoía sénior masculino por diante de Cholo dame una oportunidad. O equipo feminino Discrack conquistou a primeira praza na categoría sénior por diante das Iadovi. Nas categorías sub 17, 17, 12 e 10 os gañadores foron, respectivamente, Cavs, Patakeiros, Triplete e Los Lakers. Os subcampións foron Macabi de levantar, Globers Torpes, Adarve 4000 e Stacy Malibú, respectivamente.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



