Celeiro de Mariñaos, 16 de agosto. Unha tortilla de alcachofa, baixo o título de Contrastes, gañou o concurso de tortillas na categoría de I+D+i da romaría do San Caetano, en Celeiro de Mariñaos. A parroquia barreirense celebrou este venres e sábado a 19ª edición da súa Festa da Tortilla, con moito público e grande número de merendas no entorno da capela de San Caetano. No resto de categorías as tortillas gañadoras foron: A Galega, de 50 centímetros de diámetro, na categoría de tortilla máis grande (excluíndo a tortilla xigante que todos os anos elabora a Comisión de Festas para repartir entre os veciños); Tortilla de Romería, de pemento e cebola na categoría de mellor sabor; e Torpiña, unha tortilla imitando a forma dunha piña na categoría de mellor presentación. O xurado estivo presidido, como é habitual, por Javier Fraga e contou con outros catro membros escollidos entre os asistentes á festa.
O concurso de tortillas foi un dos platos fortes da romaría do San Caetano, que durante toda a fin de semana fixo volver a festa a Celeiro de Mariñaos. Un ano máis esta parroquia do Concello de Barreiros celebrou dous días de música, animación para todos os públicos e gastronomía nunha das citas de referencia do verán na comarca. A edición deste ano, venres e o sábado, reivindicou o “palco de lona e as verbenas de toda a vida onde a xente bailaba e participaba”, afirma Xabier López, presidente da Irmandade San Caetano, a Asociación Cultural e Veciñal que organiza a festa, fronte ás “orquestras-espectáculo, ao fenómeno Panorama e ás verbenas nas que ninguén baila e só se vai a mirar”.
UNHA FESTA PARTICIPATIVA
O Por iso, o San Caetano deste ano volveu “ás verdadeiras verbenas, as de toda a vida, con menos luces e menos wattios pero moito máis sentimento”, explica Xabier López. Como epicentro desa reivindicación está a programación, o sábado pola noite, dunha verbena dos anos 60 e 70, con temas dos grupos punteiros deses anos, tanto no panorama galego e español, como Pucho Boedo e Los Tamara, Andrés Dobarro, Los Brincos ou Fórmula V, como internacional, como o pop-rock anglosaxón dos Beatles, The Kinks ou Small Faces. Pero no San Caetano deste ano non faltará tampouco, como vén sendo habitual, a música galega, o concurso de tortillas, os xogos para os máis pequenos e a verbena ata ben entrada a noite.
Este sábado foi o día máis familiar e dende primeira hora da mañá o entorno da capela de San Caetano foi tomado polas merendas e as tortillas, as verdadeiras protagonistas da romaría, que tamén incluiu pola tarde xogos para nenos e maiores, circo e malabares, música tradicional e pola noite verbena dos anos 60 e 70 cos grupos ‘Los Mecánicos’, da Coruña, e ‘Agua Marina’, de Viveiro.
Fernando Esclusa (Guru Deva), José M. Martínez (ex Deluxe, The Majestics) e Tito Ritman (Luis Moro & Tribeca’s Band) forman ‘Los Mecánicos’, un grupo coruñes formado no 2007 que tocan grandes clásicos da década dos 60 e 70 e mesturan o pop-rock anglosaxón de formacións como The Beatles, The Kinks ou Small Faces co variado cocktail de grupos españois da época, como Los Salvajes, Los Bravos, Fórmula V ou Los Brincos. Complementará a verbena Agua Mariña de Viveiro, que adaptou o seu repertorio para este sábado para incluír temas de grupos galegos desa época, como Pucho Boedo e Los Tamara ou Andrés Dobarro. A verbena rematará, como xa ven sendo habitual no San Caetano, co baile dos farois coas luces de toda a festa apagadas e unha grande chocolatada fin de festa.
O día anterior, o venres, pensado para a música tradicional galega o programa incluiu unha cea anticrise, a prezos populares, a base de empanada, chourizos asados e touziño. A música correrá a cargo do grupo ‘Os do Pilón’, de Arzúa, cos que a festa estivo garantida ate altas horas. Estes 13 mozos son especialistas en facer música nas tabernas, romarías e todo evento festeiro que se lles presenta. O seu repertorio recolle temas tradicionais da música popular galega, tanto instrumentais como cantados.
A festa está organizada pola Asociación Veciñal e Cultural Irmandade San Caetano. A edición deste ano conta ademais coa colaboración de distintas institucións, como a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e varias firmas comerciais.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



