Lourenzá, 30 de setembro de 2014. A asociación Conde Santo organiza o programa de festas do San Marcial 2014. Os festexos terán lugar o vindeiro fin de semana no municipio laurentino e, coma en anos anteriores, coincidirán coa celebración da Festa da Faba. Entre os actos programados para este San Marcial atópanse a celebración de dúas sesións vermú, o sábado 4 e o domingo 5 de outubro, e unha verbena na noite do sábado a cargo da orquestra Bluestar e do dúo Epo-K.
Encarna López, portavoz da asociación laurentina Conde Santo, explicou que “o San Marcial é unha festa que se celebra aquí en Lourenzá dende preto dos anos 60. Ao principio tiña un carácter de feira de gando, pero actualmente perdeu ese sentido e simplemente é unha festa de pobo con orquestras e demais. Dende que a Festa da Faba se declarou de interese turístico faise nas mesmas datas, porque non ten sentido facer dous fins de semana seguidos de festa no pobo. Por iso facemos coincidir o San Marcial coa Festa da Faba. Nós, dende a asociación, do que nos encargamos é da organización do San Marcial: o tema de orquestras, atraccións, barracas e todo iso. Temos para o sábado programadas as actuacións da orquestra Bluestar e do dúo Epo-K, tanto ao mediodía como á noite, e o domingo contaremos tamén cunha sesión vermú a cargo do dúo Epo-K”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



