Outro ano máis chega o Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade, celebración coa que a UE pretende promover os modos de transporte de menor impacto e que contribúan a unha mobilidade sustentábel. Este ano o lema é “Unha rúa mellor é a túa elección”.
Outro ano máis, Espazo Ecosocialista reitera a denuncia das actuacións das administracións que teiman en ir na dirección contraria, bordeando a irracionalidade en moitos casos, na súa cega aposta polas grandes infraestruturas para o transporte a motor, un grande negocio para as grandes construtoras e unha ruína para o conxunto da sociedade.
Como exemplo paradigmático desta denuncia, temos o caso da A-57 Pontevedra-Arcade-Vigo que pretende facer de circunvalación gratuíta de Pontevedra, ademais de autovía sen peaxe,descorrendo en paralelo coa A-9.
Este proxecto preséntase no momento que a Xunta de Galicia está a inxectar millóns de euros en autovías quebradas por falla de tráfico (un 40% menos do previsto) como son as do Barbanza e O Salnés. Estas autovías construíronse mediante o modelo concesional de peaxe á sombra, no que as empresas constrúen a autovía a cambio dun canon que a Xunta debe pagar polo número de vehículos que a empregan, neste caso até o 2035. Se hai máis vehículos dos previstos, a empresa ten máis beneficios. Se hai menos, segue tendo beneficios porque a Xunta, ou sexa a cidadanía, cobre as perdas.
Paralelamente, anúncian o proxecto de ampliación da Ponte de Rande, na A-9. Por certo, autoestrada de peaxe que cando estaba a piques de amortizarse no ano 2000 e poder ser revertida ao patrimonio público, Manuel Fraga e Francisco Álvarez Cascos acordaron prorrogar a súa concesión por 25 anos máis (ata 2048).
Así, poderiámonos atopar que, no caso de construírse a A-57, esta restara grande cantidade de tráfico a A-9 e atopármonos na situación de ter investido centos de millóns de euros na A-57 e a maiores ter que inxectar outros tantos na concesionaria da A-9 polo pouco uso da mesma, co engadido de cubrirlle os custos da ampliación da Ponte de Rande. Un gran exemplo de uso racional dos cartos públicos. Onde está o beneficio para o conxunto da cidadanía?
Non precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de transporte. Neste momento crítico da crise sistémica que estamos a padecer, os investimentos públicos débense facer pensando nun modelo de sociedade enerxética e ambientalmente viábel e socialmente solidario, no que as necesidades da cidadanía poidan ser cubertas dende a proximidade dos servizos, potenciando as redes locais de produción e consumo, poñendo en circulación o seus recursos económicos para reactivarse economicamente desde a sustentabilidade.
É por isto que Espazo Ecosocialista quere facer un chamamento as distintas Administracións para que desenvolvan una mudanza radical do modelo de transporte a prol da sustentabilidade, tanto no eido urbano como no interurbano.
Unha mobilidade sustentábel significa reducir drasticamente os desprazamentos en automóbil privado e trasvasalos aos medios ambientalmente máis sustentábeis . Esixe repensar o entorno urbano e de relación económica e social, rigor na planificación e traballar directamente coa cidadanía para apoiala no necesario cambio de paradigma. Só así poderemos desenvolver unha mudanza dos hábitos de transporte progresiva e ordenada antes de que a superación do pico do petróleo e o incremento exponencial do seu custo obrigue a facelo de xeito inmediato e caótico.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



