Na oficina de turismo de Ribadeo pódese ver estes días a exposición itinerante X Concurso de fotografía Xurxo Lobato, que estivo dirixido ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP de Galicia. O gañador desta edición foi o xoven ribadense David Darriba. A mostra foi inaugurada este sábado 27 de setembro polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra. Na oficina de turismo estivo tamén David Darriba.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



