Medio cento de persoas embarcáronse co colectivo de mulleres Fraga das Saímas nunha nova aventura do programa Turisteando por Terras Lucenses a pasada fin de semana.
Nesta ocasión os aventureiros viaxaron ata o Concello de Castro de Rei para coñecer o Aeródromo de Rozas, que foi construído durante a 2ª guerra mundial polos alemáns e o cal no ano 1949 convertiuse no aeroporto central de Galicia, mentras se construía o aeroporto de Lavacolla. Durante a súa estadía visitaron o exterior da Torre de control e as instalacións ((hangar, plataforma das aeronaves, etc.) do Real Aero Club de Lugo, que está a xestionar este aérodromo desde os anos 60.
Satisfeita a curiosidade do grupo de viaxeir@s continuaron a ruta ata o Concello de Palas de Rei, onde visitaron a Granxa de Ecoagroturismo Arqueixal para descubrir os segredos deste novidoso negocio familiar que non so se dedica á produción de queixo , iogur e leite fresco ecolóxico senón que promoven un estilo de vida que é o reflexo fiel do seu amor á terra, e están na procura de valorizar as prácticas ancestrais e promover un desenvolvemento rural sustentábel, demostrativo é didáctico a través de múltiples actividades culturais como é as exitosas xornadas teatrais Son d´Aldea, que xa van pola súa cuarta edición. Durante a visita guiada polas súas instalacións tiveron ocasión de coñecer o modelo de granxa desenvolvido por Arqueixal nos últimos anos, así como o proxecto de recuperación dun conxunto de casas rurais (A Palleira, a Casa do Muiñeiro, a Caseta das Andoriñas e o Pallar das Ameixeiras), seguindo os principios de arquitectura ecolóxica e técnicas de bioconstrución, que adican ao turismo rural. No edificio, coñecido como O Parladoiro puideron ver un audiovisual sobre a elaboración artesanal do afamado queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa, visitaron a Casa da Rebordela (unha casa de labranza galega de tempos preindustriais) e participaron dunha degustación de iogur e queixo fresco ecolóxico.
Logo de despedirse da familia de Arqueixal puxeron rumbo ao restaurante Terras do Miño enclavado en pleno paseo do Río Rato, e instalado no que foi un vello muíño, onde as e @s viaxeir@s repuxeron as forzas coa súa excelente cociña. Unha vez rematados os postres @s viaxeir@s desprazáronse ata o Hotel-Balneario de Lugo para visitar os restos das famosas Termas Romanas, unha obra de enxeñeiría dos arquitectos romanos construídas para o disfrute e a saúde corporal. E de aí ao Casco histórico da cidade de Lucus Augusti para coñecer a súa historia paseando da man dunha guía local pola Praza Maior, a Praza de Santa María e a Praza do Campo e visitando a Catedral e o Centro de Interpretación da Muralla. Pero tampouco podía faltar o paseo de rigor, ao que se apuntaron os máis andaríns, polo adarve da Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade.
@s viaxeir@s, antes de voltar para a Mariña, remataron a aventura de Turisteando por Terras Lucenses disfrutando das terrazas e bares da capital. Xa no autobús de volta a Directiva agradece a participación neste programa ás 52 persoas e infórmalles que a próxima actividade de Fraga das Saímas será a celebración da 2ª Edición das Xornadas Micolóxicas e Gastronómicas de Cogomelos que se desenvolverán no mes de outubro.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



