Burela, 27 de setembro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais de Burela organiza un ano máis, en colaboración co Centro de Información ás Mulleres (CIM), o seu taller de risoterapia. Os interesados poden inscribirse na Casa do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas de luns a venres. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro e as prazas están limitadas a 20 participantes. O curso impartirase entre o 9 de outubro e o 18 de decembro en horario de 20:00 a 22:00 horas na Aula de Familia, situada na Casa da Cultura de Burela.
A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, Diana Durán, afirmou que “ademais de todas as actividades programadas para colectivos específicos, como poden ser os/as nosos/as maiores, a infancia, a muller, os colectivos que promoven a saúde, etcétera, dende a Concellería de Servizos Sociais de Burela tamén queremos achegar propostas para a poboación en xeral. Por iso ofertamos actividades que mesturan o aspecto lúdico co o terapéutico”.
Durán engadiu que “neste sentido, dende o Concello estamos a organizar este obradoiro de risoterapia, que tanto éxito tivo en anteriores edicións e que terá lugar do 9 de outubro ao 18 de decembro. Facémolo coa pretensión de poder aportar aos nosos veciños unha actividade lúdica que rompa coa rutina diaria e que axude a descargar as tensións que acumulamos.”






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



