O Levante impúxose ao Burela Pescados Rubén por 5-3 nun duelo que tivo un mal inicio para os burelaos xa que ademais do temperán tanto granota a lesión de Miguel deixou mermada a rotación laranxa que tirou de canteira. Máis tarde tamén se lesionaría Edu. Malia todo a escadra mariñá buscou as súas opcións no encontro e aínda que os locais lograron o 2-0 non se descompuxo o conxunto galego. Ángel logrou reducir distancias ao transformar un dobrepenalti e co 2-1 chegouse ao descanso.
Na continuación o Burela Pescados Rubén empatou rápidamente o partido. Jorge Bellvert conseguiu o 2-2 nunha acción de estratexia pero instantes despois chegou o 3-2 logrado por Lolo Jarque, tras marcar unha falta directa que se coou entre a barreira laranxa. O 3-2 fixo dano a un Burela que neses momentos controlaba a un Levante nervioso polo empate. Tras un intercambio de ocasións, os locais tomaron distancias co gol de Márquez (4-2) e o choque púxose costa arriba para o Burela Pescados Rubén que encaixou o 5-2 nunha acción desafortunada. Iago Míguez marcou o definitivo 5-3 no último minuto.
*Fotografía: prensa Levante UD DM





















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
