As augas do Barqueiro acollían o sábado 20 de setembro a XVI edición do descenso do Sor, unha proba amistosa organizada pola Federación Galega de Piragüismo, o Concello de Mañón e o Club Grupo Xuvenil.
Unha mañá chuviosa recibía ao Club na área recreativa de Ribeiras do Sor, onde montaron o ‘campamento’. Era o momento, como todos os anos, do partidiño de fútbol entre os rapaces participantes no descenso. Os nosos fixérono contra os rapaces e rapzas de As Xubias e, como vén sendo tamén tradición, o balón tivo que ser rescatado do río nun par de ocasións grazas á impetuosidade dalgún dos contrincantes.
Logo dunha agradable comida, era a hora de repartir os dorsais dos participantes. O descenso estructurouse en dous grupos principais: por unha banda estaban os benxamíns, alevíns e infantís que tiñan ante si un percorrido duns 1500 metros aproximadamente e o resto dos participantes tiñan o descenso propiamente devandito desde as Ribeiras do sor ata o porto de O Barqueiro, cunha distancia aproximada de 5.000 metros.
Os 208 palistas homes e mulleres pertencentes aos 11 clubs participantes, repartidos en 177 barcos K1, 14 barcos K2 e 3 canoas estaban, ás tres da tarde, dispostos para conseguir o triunfo neste descenso de recoñecido prestixio a nivel autonómico.
O horario estábase cumprindo á perfección. Ás tres da tarde, saían ao auga os máis peques do descenso, os benxamíns. O Club Kayak participaba con catro palistas: Iago, Isaac, Marta e o dorsal 1405. A regata transcorreu con normalidade. O vencedor dos mozos foi Iago do Kayak de Foz por diante de Daniel Tellado do Narón e de Manuel novo do CP Viveiro. En canto ás mozas a vencedora foi o dorsal 1405 do Kayak de Foz seguida de Marta Fernández tamén do Kayak e de Celia Durán do Grupo Xuvenil.
Acto seguido, era a quenda dos alevíns de primeiro e segundo ano. O Kayak estaba representado por oito palistas, catro rapazas -Naila, Paola, Laura e Lidia- e catro rapaces Fran, Brais, Santi e Mateo. Triplete absoluto do Kayak de Foz nesta categoría con Paola García Neira como vencedora absoluta da proba, seguida moi de cerca por Fran Louro e en terceiro lugar Naila García.
Segundo finalizou esta regata, foi a quenda para os infantís. Xoel, Noel, Juan e o dorsal 601 eran os catro representantes do Club Kayak. Trala descalificación de Xoel, os máis fortes desta saída eran os nosos representantes e entre Noel e Juan xogáronse a vitoria da regata, caendo nesta ocasión ao lado de Noel.
Os cadetes, xuvenís, seniors e veteranos, tanto en barcos individuais como en barcos de equipo tiñan a liña de saída río arriba, afastados do área recreativa. En tandas de dous en dous minutos fóronse dando as saídas das distintas categorías, feito este que favoreceu o espectáculo e a beleza plástica na liña de meta. O estado do mar, liso como un prato favoreceu o espectáculo. Os espectadores puidemos ver a chegada dos regatistas onde os barcos individuais mesturábanse, na chegada, con barcos de equipo e canoas… Un a un ían cruzando a liña de meta que estaba instalada no porto de O Barqueiro sendo premiado o esforzo dos regatistas polos aplausos da gran cantidade de afeccionados que se foron congregando ao longo e ancho do espigón do porto.
Resultados do KAYAK e clasificación xeral:
HOME BENXAMIN K-1
Distancia 1.500 metros
1.- IAGO GARCIA MARTINEZ, Club Kayak de Foz, 10:45
2.- Daniel Tellado Rey, CP Narón, +00:20
3.- Manuel Joven Lorenzo, CP Viveiro, +00:48
…
13.- ISAAC MENDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, +03:50
MULLER BENXAMIN K-1
Distancia 1.500 metros
1.- Dorsal 1405, Club Kayak de Foz, 10:51
2.- MARTA FERNÁNDEZ MUÑOZ, Club Kayak de Foz, +00:34
3.- Celia Durán Iglesias, CP Grupo Xuvenil, +01:08
HOME ALEVÍN A K-1
Distancia 1500 metros
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, Club Kayak de Foz, 09:30
2.- Marcos Rego García, CP Viveiro, +00:38
3.- Iván Camino Queijo, As Xubias, +01:14
…
4.- BRAIS MARTÍN FRAGA, Club Kayak de Foz, +01:34
5.- SANTI PEREZ REY, Club Kayak de Foz, +01:39
HOME ALEVÍN B K-1
Distancia 1.500 metros
1.- Noé Fernández Quelle, CD San Ciprián, 10:04
2.- MATEO RIVAS RODRÍGUEZ, Club Kayak de Foz, +00:54
3.- Juan Bellas Díaz, CP Grupo Xuvenil, +01:10
MULLER ALEVÍN A K-1
Distancia 1.500 metros
1.- PAOLA GARCIA NEIRA, Club Kayak de Foz, 09:19
2.- NAILA GARCIA NEIRA, Club Kayak de Foz, +00:22
3.- Bárbara Gargallo Méndez, CD San Ciprián, +00:40
4.- LIDIA MÉNDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, +01:07
HOME INFANTIL K-1
Distancia 1.500 metros
1.- NOEL GARCÍA EDROSA, Club Kayak de Foz, 08:29
2.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, Club Kayak de Foz, + 00:02
3.- Miguel García García, CP Narón, +00:13
…
9.- Dorsal 601, Club Kayak de Foz, +01:21
XOEL GARCÍA NEIRA, Club Kayak de Foz, Descalificado
HOME CADETE K1
Distancia 5.000 metros
1.- Daniel García Pulpeiro, CP Altruán, 27:59
2.- Alejandro D. Varela, CP Narón, +02:05
3.- JESUS ALARCÓN MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +04:14
…
7.- Dorsal 615, Club Kayak de Foz, +07:44
HOME XUVENIL K1
Distancia 5000 metros
1.- Luis Sanjuán Palmeiro, CP Viveiro, 27:50
2.- Alejandro Pedreira López, As Xubias, +02:17
3.- JAVIER VILA MOREDA, Club Kayak de Foz, +05:48
HOME SENIOR K1
Distancia 5.000 metros
1.- RAMÓN LANZÓS PIÑEIROA, Club Kayak de Foz, 27:36
2.- Ismael Prieto Rivera, CP Grupo Xuvenil, +01:13
3.- Rodrigo Navarro Fernández, CP Viveiro, +01:31
HOME SENIOR K2
Distancia 5.000 metros
1.- Francisco Pigueiras/Alberto Pigueiras, CP Viveiro, 27:18
2.- Javier Illanes/Marcos Illanes, CP Viveiro, +00:05
3.- Iván Rodríguez/Manuel Carreja, CP Viveiro, +00:28
4.- IGNACIO ROMILLO/NICO DOCAL, Club Kayak de Foz, +03:49
MULLER CADETE K2
Distancia 5.000 metros
1.- Aldara Castro/Andrea Ramos, CP Narón, 30:55
2.- MAYRA ALARCÓN/ROSALÍA VEIGA, Club Kayak de Foz, +01:45
3.- Beatriz Sánchez/Lua Pazos, As Xubias, `04:23
MULLER SENIOR K1
Distancia 5.000 metros
1.- Mª Ángeles Riego Fontenla, CP Viveiro, 30:06
2.- VANESA LÓPEZ MUÑIZ, Club Kayak de Foz, +03:39
3.- Cristina García Martínez, CD San Ciprián, +04:48
CLASIFICACIÓN XERAL POR CLUBS
1.- PIRAGUISMO VIVEIRO, 2215 puntos
2.- CLUB SOCIEDAD DEPORTIVA AS XUBIAS, 2211 puntos
3.- CLUB KAYAK DE FOZ, 2134 puntos
4.- CLUB PIRAGUISMO NARON, 1910 puntos
5.- CLUB PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL, 1310 puntos
6.- CLUB PIRAGUISMO ALTRUAN, 940 puntos
7.- CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN,752 puntos
8.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 387 puntos
9.- CLUB RIA DE BETANZOS, 96 puntos
10.- CLUB NAUTICO FIRRETE, 85 puntos
11.- CLUB NAUTICO DE CAMBRE, 0 puntos.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
