O PSOE de Lourenzá solicitou o xoves 11 de setembro a convocatoria dun Pleno extraordinario para tratar diversos temas de importancia para os veciños e veciñas de Lourenzá.
Algúns dos puntos propostos a tratar son:
-Análise e explicación da situación actual na que se encontra o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello contra AGADER sobre a subvención do Pazo de Tovar.
Á vista de toda a repercusión mediática que está tendo estes últimos días este tema, os socialisas solicitan “pleno público para que se explique a toda a cidadanía como transcurriu todo o proceso, dende o inicio do expediente ata a actualidade, profundizando en porque se denega parte da subvención e quenes son os responsables de tal perda”. “Non vamos permitir que os nosos veciños paguen do seu peto os 98.000 euros da subvención que se perdeu por culpa da mala xestión de quen nos está gobernando”, como manifesta Rocío López, portavoz do grupo municipal socialista.
López pide á alcaldesa e ó tenente alcalde que asuman as súas responsabilidades e que afronten con cargo ó seu soldo os 98.000 euros que perderon da subvención. “Xa está ben de xogar ó despiste cos nosos veciños intentando buscar responsables do que eles fixeron mal”, afirma López que pide ó BNG respeto neste tema porque “non estamos nun concurso político, estamos a falar de algo moi serio que pode afectar aos petos dos nosos veciños, polo que resulta deprimente que se use para sacar méritos políticos”. Neste sentido, a portavoz socialista en Lourenzá asegura que non vai entrar en enfrontamentos políticos co outro partido da oposición ó que parece que só lle interesa colgarse medallas á costa do tema que sexa”.
– Costes e gastos de defensa do proceso contencioso-administrativo interposto polo Concello contra a Deputación Provincial de Lugo sobre o Plan Emprega no 2011 no que o Concello de Lourenzá perdeu. Tralo empeño do anterior alcalde de non querer ós veciños de Lourenzá contratados legalmente polo Plan Emprego da Deputación, e que ó final se tiveron que ir a outros concellos limítrofes a traballar, o Concello denunciou a contratación legal -seguindo o rexedor instruccións coma unha marioneta- e perdeu”. “É vergoñento que despois de rexeitar a eses veciños que sairan escollidos legalmente para traballar no Plan de Emprego da Deputación, agora teñamos que pagar todos do noso peto os preto de 10.000 euros dos honorarios do avogado e procurador”, segundo indica Rocío López. Ante esta situación, os socialistas piden ó anterior rexedor, Vidal Martínez-Sierra, e a actual alcaldesa, Emma Álvarez, que den explicacións públicas e que paguen do seu peto todos os gastos do proceso de defensa.
Ante estes dous casos, os socialistas aseguran que “parece que ó equipo de goberno de Lourenzá o que lle gustan son os contenciosos, sen importarlles o máis mínimo que sexan os propios veciños os que teñan que pagar os gastos de defensa derivados destes procedementos”.
Rocío López reitera que “non vamos a permitir que os veciños de Lourenzá paguen cos seus cartos a falta de responsabilidade e os caprichos de quen nos está gobernando” e pide á alcaldesa Emma Álvarez que “deixe de xogar a confundir ós veciños no seu papel de queda ben e salvadora… e ofreza solucións ós problemas reais dos laurentinos”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



