Dende a Comisión Executiva do PSdeG-PSOE de Burela quedamos perplexos ante as últimas actuacións do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. Ante a nota de prensa feita pública polo que di ser Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Valle, con respecto ós permisos do campo de herba artificial da Marosa temos a obriga de responder.
É evidente que esa nota de prensa demostra ben ás claras a parálises e a falla de traballo que ten o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, e demostra ben ás claras que non se enteran dos asuntos do pobo. En caso de que ese permiso faltara (cousa que poñemos en dúbida), está claro que darse conta desa situación despois de tres anos e medio de “desgoberno” non di moito a favor dos nosos xestores. En todo caso, recordamos que esa foi unha infraestuctura que foi feita pola Xunta de Galicia no que o anterior goberno municipal pouco tiña que dicir aparte de agradecer o esforzo feito para poder contar con esas instalacións no noso pobo. Este equipo de “desgoberno” do Partido Popular en vez de criticar esa obra o que debería é de agradecer ó anterior equipo de goberno as xestións para que esa obra fose posible. Unha vez máis este equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela demostra que sigue na oposición en lugar de gobernar este pobo.
Por outro lado, que o Sr Fernández Valle teña a pouca decencia política de criticar as obras feitas polo anterior equipo de goberno resulta cando menos bochornoso. Unha persoa se aproveitou dunha subvención da Deputación para asfaltar a rúa na que está ubicado o seu chalé (curiosamente xustamente ata a entrada do mesmo), unha obra que segundo as facturas que obran no noso poder tivo uns sobrecustes de 6.500.000 euros que pagamos todos os veciños e veciñas de Burela dos nosos impostos, e que aínda por enriba privatiza a mesma negándolle o acceso a esa rúa os non residentes nela, está claro que non está lexitimado politicamente para criticar absolutamente nada. O que debera de ter feito o Sr Valle xa fai tempo era dimitir e irse para a súa casa, xa que con estas manobras demostra claramente que o seu interés non é precisamente o de servir a todos os veciños e veciñas de Burela, da máis a impresión, a tenor destes feitos de que o único que move a este personaxe é o interés particular, e así o confirman os ditames da Secretaría do Concello que confirman que o Sr Fernández Valle non debería de ter proposto dita obra e moito menos votala favorablemente.
Di o Sr Fernández Valle na nota de prensa que solucionar esta deficiencia supuxo dar moitos viaxes a Lugo e a Santiago. Pois dende o PSdeG-PSOE de Burela temos que dicirlle que esperamos que eses viaxes e dietas estean avalados polos correspondentes xustificantes, xa que como podemos observar a xustificación das dietas e desprazamentos por parte deste equipo de “desgoberno” deixa bastante que desexar, e non vaia a ser que alguén vaia a pedirlles a xustificación dos mesmos en sede xudicial, xa que como ben debera saber o Sr Fernández Valle as dietas son cartos de todos os veciños e veciñas de Burela e deben de xustificarse claramente, cando menos deben de xustificarse.
Para rematar animamos ó Sr Fernández Valle a ir solucionando as deficiencias que se poden ver todos os días no noso pobo, que para iso lle pagamos, xa que non fai falla máis que dar un paseo para poder comprobar o pouco que lle gusta traballar ó Sr Fernández Valle porque ten o pobo feito un “estercolero”.
Comisión Executiva PSdeG-PSOE Burela


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



