O Grupo Municipal Socialista pedirá un pleno extraordinario para solicitar unha actualización dos valores catastrais que se aplican para o imposto sobre bens e inmobles (IBI) dos veciños de Burela.
O valor catastral que se aplica agora foi actualizado no ano 2006 por decisión do actual alcalde, e naquel entón acordouse que a aplicación dos incrementos definitivos remataríanse en dez anos, facéndose subas anuais do 10%.
Como é evidente a situación social, económica, laboral, patrimonial, actividade empresarial, demandas de compra venda de solares e vivendas, condicións financeiras, etc. eran moi diferentes con respecto á actualidade. Como consecuencia os valores dos bens e inmobles tampouco son os mesmos e faise moi necesaria unha actualización á realidade presente para que os impostos que os veciños pagan de IBI sexan xustos e adecuados o verdadeiro valor catastral actual.
Antes da celebración do pleno faremos un acto público onde se invitará a todos os veciños para informar e ser informados de todo o relacionado co tema.
O pasado xoves celebramos un pleno ordinario onde o alcalde propón unha redución de 0.02 do IBI, o cal vai a significar moi pouco na cantidade a pagar.
Neste mesmo pleno o alcalde trae para a súa aprobación a aplicación do -0.5% ( Valor do IPC interanual) para algunhas (non para todas, como sería o máis xusto e lóxico) taxas, impostos e prezos públicos. Este alcalde que leva dende que entrou no concello subindo todos os anos o IPC e o que non é IPC, creando e inventando novos impostos, aplicando un canon caro no recibo da auga subindo un 34% a taxa do lixo, ven agora como salvador da patria o reducir un 0.5% en certos tributos, coincidindo co último ano da lexislatura e pretendendo motivar o voto para maio do 2015. Triste.
Pero onde si sorprendeu foi coa proposta de derogar a ordenanza fiscal Nº 30 sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (plusvalías). E faino despois de estar aplicando este imposto nos últimos anos, un imposto que el soliño decidiu aplicar. Claro, os veciños que pagaron este imposto durante este tempo non entenden como non se fixo antes, ou que fosen informados de tal decisión para evitar cuestións obvias.
Este imposto suprímese unicamente pola presión que o alcalde recibiu dos veciños, onde lle esixiron a retirada inmediata. Como el pensa no futuro electoral accedeu rápido á petición dos afectados.
Neste punto o Grupo socialista abstívose, non pola retirada ou non retirada do imposto. Nosoutros abstivémonos por que desconfiamos da xustificación que o señor alcalde fixo para suprimir este imposto. En primeiro lugar os informes dos técnicos non avalan nin analizan as consecuencias da retirada deste imposto. En segundo lugar o concello está suxeito a un plan de axuste onde se considera como medida a aplicar, para lograr os fins do plan, a imposición das plusvalías. En terceiro lugar o alcalde só se limita a fantasiar sobre as condicións económicas dos próximos anos sen definir nin aclarar de onde se vai a recadar nin por que elimina unha medida do plan de axuste sen colocar outra que a substitúa. Alá el.
O Grupo Municipal Socialista levou tres mocións ó pleno. Unha para reducir a taxa do lixo por non cumprirse en Sogama as condicións económicas que motivaron a suba do 34%. O PP votou en contra. Outra foi para mellorar as condicións para acadar e manter as bolsas en educación. O PP volveu a votar en contra. A terceira foi para construír un contrato para que a Banda de Música funcione de acordo con un convenio asinado polo Concello a propia Banda e os xestores da Banda (Amigos da Banda). O PP que votou?…Exactamente.
Alfredo Llano García. Voceiro do Grupo Municipal Socialista



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



