Pavís Pavós presenta “Palma repalma, contos para bebés” dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 4 anos. Será o venres 19 de setembro de 2014 ás 17.30 horas na biblioteca municipal “El Viejo Pancho” de Ribadeo. As prazas son limitadas polo que é preciso anotarse na biblioteca ou a través do teléfono 982 128230 ou o enderezo biblioteca@ribadeo.org. Organiza o Concello de Ribadeo dentro do programa Ler conta moito.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



