O pasado martes a Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego debatía unha iniciativa do Grupo Popular, da que fun autor, dirixida a axilizar os recoñecementos médicos que os profesionais do mundo do mar teñen que superar, de xeito obrigatorio, con carácter previo ao seu embarque.
Advertimos que, ata o de agora, estes chequeos poden prolongarse durante días, en función das probas que teñan que realizar. Ademais, a falta de acceso dos doutores do ISM ao historial médico do SERGAS, obrigaba a repetir analíticas que, nalgunhas ocasións, acaban de facerse fai poucas semanas.
Os populares quixemos facernos eco dunha demanda reiterativa nas nosas visitas aos portos ou ás confrarías. Quixemos propoñer solucións e formular un mandato expreso á Xunta para que, asinando un convenio co ISM, colaborasen para axilizar os chequeos.
A iniciativa foi aprobada co respaldo dos deputados do PP, pero non contou co voto favorable dos grupos da oposición, que se abstiveron. Soprendeunos que PSOE, AGE e o BNG non sexan sensibles á realidade dos profesionais do mar, aínda que non é a primeira vez que acontece, por esta obsesión enfermiza por non coincidir co PP, aínda que sexa sumando forzas para impulsar iniciativas obxectivamente positivas.
Os nacionalistas xustificaron a súa imprudente actitude, en que a nosa petición era propaganda. Negándonos o dereito a levar ao Parlamento, casa de todas as galegas e galegos, aquelas propostas que consideramos positivas para a mellora das condicións profesionais do mariñeiros, abrindo o debate, ademais, as achegas que poidan realizar os grupos da oposición.
Pero sen lugar a dúbidas a actitude máis torpe foi a manifestada polo voceiro de pesca socialista, o mariñán Jose Ramón Val Alonso, quen acusou ao PP de intentar beneficiar só aos armadores. O Sr. Val, foi delegado de Pesca durante o bipartito pero continúa fóra da realidade dos nosos portos. Parece mentira que haxa que explicarlle que, por exemplo, un mariñeiro de Gran Sol, que ten que esperar varios días para rematar o recoñecemento médico, pode perder unha marea, porque o barco se ten que saír non espera, co consecuente prexuízo, perda de salario e trastorno laboral e familiar.
Non se enganen. Non se trata de máis ou menos experiencia, nin de falta de preparación dos debates nos que participan, senón de puro desprezo pola verdade. Fronte a iso, os populares galegos seguiremos traballando en defensa dos profesionais do mundo do mar, con acertos e erros, pero co compromiso sincero de esforzarse por mellorar as cousas. Seguiremos facéndoo, contemos ou non co apoio da oposición, contemos ou non co apoio destes deputados despistados, mariñeiros de auga doce.
Jose Manuel Balseiro




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



