Este domingo 21 de setembro o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse a Belesar para facer un tramo da Ruta Ribeira Sacra do Miño, en concreto dende Belesar ata o Ecomuseo de Arxeriz no Concello de O Saviñao. En total 15,5 km. de espectacular Ruta entre viñedos, en plena vendima na Ribeira Sacra, podendo degustar as uvas por expresa invitación dos viticultores. A comida fixerona na preciosa Praia Fluvial de A Cova, onde ata algún dos camiñantes se deu un refrescante chapuzón antes de rematar a viaxe, pola tarde, no Ecomuseo de Arxeriz de 36 hectáreas de finca que inclúe o Pazo de Arxeriz, un castro e varios edificios dedicados á Ribeira Sacra.
Ruta da ACD Xove pola Ribeira Sacra
Ruta da ACD Xove pola Ribeira Sacra
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo