Lugo, 21 de setembro de 2014.- O excalde de Lourenzá e actual deputado autonómico, Vidal Martínez-Sierra non optará á reelección como máximo dirixente local do partido no Congreso que os populares laurentinos celebrarán o venres 17 de outubro, segundo comunicaron desde a dirección provincial.
Así o explicou Martínez-Sierra nunha xuntanza que mantivo co presidente provincial do PPdeLugo, Xose Manuel Barreiro e o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro e na que deu conta da súa intención de propiciar a renovación da presidencia local para centrarse na súa tarefa como deputado autonómico.
Martínez-Sierra quen explicou que esta decisión “non supón un adeus” á política local, senón “un paso atrás” para proseguir co proceso de renovación emprendido coa súa saída da Alcaldía, sinalou que seguirá colaborando e achegando a súa experiencia e traballo en defensa dos seus veciños, desde outras responsabilidades.
O parlamentario quixo agradecer moi especialmente o apoio, lealdade e traballo desenvolvido polas persoas que lle acompañaron nas executivas do Partido Popular local ao longo destes últimos anos así como no Concello, e agradeceu con intensidade a confianza que en cada proceso electoral depositaron nel e no seu equipo, os veciños de Lourenzá, simpatizantes e afiliados.
Desde a dirección provincial do PPdeLugo só tiveron palabras de agradecemento para o presidente local saínte así como puxeron en valor o traballo tanto orgánico como institucional desenvolvido por Vidal Martínez-Sierra, hoxe unha voz imprescindible da Mariña no Parlamento de Galicia.
O PP de Lugo explicou que o mes próximo terá lugar un Congreso local no que todos os afiliados poderán escoller de xeito directo aos novos responsables do partido en Lourenzá e sinalou que, coa decisión de Martínez-Sierra, dá comezo un proceso precongresual que implica, segundo os estatutos, a presentación da nova candidatura, un novo equipo que debe situar como obxectivo principal a renovación e consolidación da maioría popular nas vindeiras eleccións municipais.
PRESIDENTE DA COMISIÓN DE AGRICULTURA E MONTES
Nacido en Sao Paulo (Brasil) no ano 1960, Vidal Martínez-Sierra é Licenciado en Veterinaria E pertence ao corpo superior facultativo da Xunta. Foi alcalde de Lourenzá desde o ano 1997 ata o ano 2012, sempre con maioría absoluta. Foi tamén xefe territorial da Consellería do Mar en Lugo ata o ano 2010.
Na actualidade foi elixido deputado no Parlamento de Galicia, nos últimos comicios autonómicos, institución onde preside a Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes. Ademais na Cámara autonómica é membro da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo e da Comisión de Asuntos Europeos. Martínez-Sierra seguirá formando parte da Corporación Municipal de Lourenzá como concelleiro e, a nivel orgánico, é integrante do Comité Executivo do Partido Popular na provincia de Lugo.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



