Con 310 ciclistas participantes e cerca dun milleiro de persoas vendo todas as actividades, celebrouse o 13º Día da Bicicleta en Xove este sábado 27 de setembro pola tarde. Unha ruta urbana por Xove de 2 km. para tódolos participantes, unha ruta en liña dende Xove ata as proximidades da Illa de Sarón, en Morás, de 14 km. para os maires de 7 anos, varias exhibicións de BMX na Praza do Concello, pintura de caras e globoflexia, trofeo ó participante máis xoven, trofeo ó participante máis veterano, trofeo á bici máis orixinal, sorteo dunha bicicleta donada polo Concello de Xove e un montón de regalos sorteados entre os participantes donados por varias casas comerciais da comarca. Tamén merenda e un regalo recordo para todos neste gran espectáculo da bici en Xove.
XIII Día da Bici en Xove
XIII Día da Bici en Xove
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo