Foz, 3 de outubro de 2014. O vindeiro venres, 10 de outubro, celebrarase a presentación do novo Centro Comercial Aberto de Foz. Con motivo deste acontecemento, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo e a Dirección Xeral de Comercio, organizan unha xornada promocional na que se levará a cabo un sorteo de 1.500 euros en vales de compra entre todos os clientes que adquiran as súas compras en calquera dos establecementos focenses adheridos á iniciativa.
Dende a A.C.I.A. de Foz informan de que durante todo día 10 de outubro, os clientes que compren produtos nos establecementos focenses participantes nesta xornada promocional, poderán cambiar os seus tíckets de compra por boletos para entrar nun sorteo directo e presencial de 1.500 euros, repartidos en 20 vales de compra de 50 euros e outros 5 de 100 euros. O sorteo terá lugar a partir das 20:45 horas nunha carpa instalada na rúa Álvaro Cunqueiro, nas inmediacións do Concello. Os clientes poderán dirixirse ás azafatas situadas nesta carpa para cambiar os seus tíckets por boletos ata as 20:30 horas, é dicir ata un cuarto de hora antes do inicio do sorteo. Os premiados deberán reinvestir os seus vales de compra, en días posteriores, nos mesmos establecementos participantes nesta iniciativa.
Paralelamente, a Asociación de Comerciantes de Foz organiza para o mesmo venres, 10 de outubro, a Festa da Tortilla na que participarán 28 establecementos hostaleiros da vila. Son: A Eskina, A Funcional, A Rula, Bar 78, Bar A Bolera, Bar Chícaro, Bar O Sera, Cafetería Mayros, Cafetería Anduriña, Cafetería Xoyma, Café Bar Náutico, Cervecería Fina, Cervecería Malaje, Cervecería Portovello, Cervecería Regata, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Marexada, Mesón O Tangarte, Namarinos, O Muelle Bar, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Casa Damián, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar e Restaurante O Tangarte Mariñeiro.
A directiva de ACIA Foz anima “a participar nesta xornada de presentación do Centro Comercial Aberto porque poñemos en xogo 1.500 euros en premios e tamén a acudir á Festa da Tortilla”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



