A Editora Emerxente convoca o I Premio de Micronovela Emerxente ó que poderán concorrer ao I Premio de Micronovela Emerxente autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra escrita en calquera das normas do galego-portugués (RAG, AGAL, Portugués Padrón).
O premio constará da publicación do libro, nunha primeira edición de cen exemplares, da que se derivarán os preceptivos dereitos.
As obras aspirantes, que deberán ter unha extensión comprendida entre as 50 e as 60 páxinas (Times New Roman, 12, espaciado dobre), serán inéditas na súa totalidade e en calquera formato, físico ou dixital.
Os orixinais deberanse presentar sen referencia expresa á súa autoría e polo sistema de plica. Enviaranse dúas copias en formato físico, baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
O prazo de admisión rematará o 20 de decembro de 2014.
Os traballos enviaranse por correo postal ao seguinte enderezo, indicando no sobre:
I Premio de Micronovela Emerxente:
Alberte Momán Noval (Editora Emerxente)
Rúa Rei don García, 3, escaleira dereita, 5ºD- 27001 Lugo.
O xurado estará composto por persoas ligadas ao mundo da creación literaria. Corresponderalle ao xurado a interpretación destas bases e a súa decisión será inapelable.
O fallo darase a coñecer durante o mes de febreiro de 2015.
O Premio de Micronovela poderá quedar deserto.
Os orixinais enviados non serán devoltos.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



