CADERNOS DA VIAXE. Hai dous motivos fundamentais para estar en desacordo coa celebración da feira taurina coruñesa. En primeiro lugar, o concello cede o Coliseum un sábado e un domingo practicamente de balde, pagando con cartos públicos o mantemento, limpeza e acondicionamento, subministracións e máis a banda de música. Xa que logo,a subvención indirecta municipal acada uns 100.000 €, segundo avaliacións de expertos. Con eses cartos cubriríanse os xantares de cen crianzas nun comedor escolar durante dous meses. Á vista da moi frouxa resposta dos seareiros ben se pode dicir que este gasto é un destrago de recursos públicos.
Mais, en segundo lugar, ao tempo de ser evidente a falla de afección taurina na Coruña e na Galicia, en xeral, obsérvase avanzar en amplos sectores a idea de que a festa taurina é unha mostra de maltrato animal incompatíbel cos valores que profesa unha sociedade moderna e europea.Neste senso, a manifestación deste domingo na Coruña foi un claro exemplo do xeito no que progresa esta toma de conciencia e como ten apoios moi plurais e transversais, no que atinxe á orixe social, pensamento político ou á idade dos manifestantes.
A verdade un nunca podía supór a importancia que seica tiña a feira taurina da Coruña e, en xeral, o mantemento deste espectáculo na Galicia, para os taurinos españois. Porque ante a evidencia do seu risco de desaparición reaccionaron como se a unidade de España e a felicidade cidadá dependeran de se manter as touradas no noso País.E as presións deste “lobby” sobre o Goberno local coruñés conseguiron o mantemento desta impopular feira, malia o seu absoluto fracaso económico.
A mensaxe enviada polo Goberno local e polo lobby taurino foi nidia: ás touradas poderán ir poucos, pero son merecentes dun trato privilexiado, quizais por ser os derradeiros mohicanos a gostar dun espectáculo que dín tipicamente español, pero que non prendeu ao longo de 150 anos na Galicia. Mais a evolución imponse. Por razóns de idade e remuda social, os cidadáns que partillan as touradas son menos e menos influíntes. Á volta de poucos anos non haberá touradas na Coruña, nin en Sarria, nin en Padrón. E moi probábelmente a cidadanía esixa a derrogación da excepción á lei galega de protección dos animais que lle da abeiro legal a esta caste de impopulares espectáculos.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



