A Universidade de Educación a Distancia ( UNED) de Viveiro amplía o prazo de matrícula ata o 11 de novembro para facilitar os trámites os estudantes que desexan iniciar ou continuar a súa formación universitaria. Esta será a data límite para inscribirse en Grados, Licenciaturas, Diplomaturas, Enxeñerías e no Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos. Mais información na Secretaría da Uned (1º piso dos Claustros de San Francisco), a través do enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es e no teléfono 982 56 36 01.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



