O Concello de Xove dará comezo o vindeiro luns 13 de outubro, en horario de 16.30 a 18.30 horas nunha aula do CEIP Pedro Caselles Rollán, ao Programa “Educando en Familia”; este programa está organizado polo noso Concello e dirixido ás familias con menores de entre 3 meses e 5 anos. Tódalas familias interesadas no mesmo deberán facer unha solicitude de inscrición no Departamento Municipal de Servizos Sociais.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



